
Esta madrugada un establecemento gourmet situado na zona antiga da vila do Barco, A tenda da Rita, sufría un novo roubo. Para acceder ao seu interior destrozábase a parte metálica da súa porta de entrada. “Sustraeron pouca cantidade de diñeiro, todo en moedas”, explican dende o establecemento.
O roubo xa foi denunciado ante a Garda Civil.
Esta é cuarta ocasión no que vai de ano que esta mesma tenda sofre roubos. Anteriormente para entrar no seu interior rachaban un dos cristais da súa porta.
Fotos cedidas.

