O Xurado da quinta edición do concurso de decoración da Área sanitaria de Ourense, formado por representantes de Asociacións de pacientes da nosa área sanitaria e voluntarios, visitou esta mañá as unidades e os espazos presentados ao concurso para valorar todas as propostas.
Os criterios de selección para avaliar as propostas gañadoras foron: temática, orixinalidade e creatividade, autenticidade do decorado e reutilización de material ou reciclaxe.
O Concurso de Decoración de Nadal que cumpre este ano a súa quinta edición tiña como principal obxectivo o de levar o espírito do Nadal ao ámbito hospitalario e aos centros de saúde da provincia e convidou a todos os traballadores e traballadoras da área a decorar as súas unidades, consultas ou despachos con creativos e orixinais ambientes do Nadal.
Nesta ocasión a proposta gañadora do CHUO foi a presentada pola unidade de Hospitalización de Cirurxía (2ª SUR) do novo edificio de hospitalización cunha decoración dedicada ao espírito de Grinch que engalana cada un dos recunchos da unidade de hospitalización e que culmina ao fondo do corredor cunha figura a gran escala deste peculiar persoaxe do nadal.
As propostas gañadoras do concurso do CHUO recibirán o próximo luns 23 de decembro un agasallo e un diploma acreditativo de tal distinción nas unidades premiadas.
GAÑADORES: HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE:
1º PREMIO: UNIDADE HOSPITALIZACIÓN DE CIRURXÍA (2ª SUR)
2º PREMIO: HOSPITAL DE DÍA PSIQUIATRÍA (SANTA MARÍA NAI)
3º PREMIO: UNIDADE HOSPITALIZACIÓN TRAUMATOLOXÍA (3ª SUR)
GAÑADORES: HOSPITAL PÚBLICO DE VALDEORRAS
1º PREMIO: REANIMACIÓN
2º PREMIO: REHABILITACIÓN
3º PREMIO: UNIDADE HOSPITALIZACIÓN AZUL