ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Unhas 210 persoas asisten ao X aniversario da Festa do Botelo do Barco en Vigo

 

O Barco de Valdeorras, A Coruña é Vigo. Coa celebración da X Festa do Botelo na cidade olívica, o Concello do Barco poñía o broche ao ciclo promocional deste ano, do seu emblema gastronómico.

 

 

Por décimo ano consecutivo o restaurante do Hotel Coia acollía, no mediodía deste sábado 7 de marzo, a Festa do Botelo en Vigo. Un animado xantar ao que asistían unhas 210 persoas. Entre elas, un ano máis o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que nesta ocasión non quedaba a comer pero si daba a benvida aos asistentes, recoñecendo a boa acollida que segue tendo a cita co botelo.

 

 

Quen si quedaba a comer era o  concelleiro de Cultura, Gorka Gómez que compartía mesa co alcalde do Barco, Aurentino Alonso, a concelleira de Cultura barquense, Margarida Pizcueta así como algúns convidados entre os que estaban o ex alcalde do Barco, Alfredo García.

 

 

O xantar comezaba pasadas as dúas e media cunha pequena intervención do alcalde barquense, na súa primeira cita en Vigo como rexedor dando a benvida aos comensais do Barco e de toda a comarca, así como da propia cidade olívica. Caballero e García tamén tiñan unhas palabras para os asistentes antes de dar conta do menú. Primeiro a empanada de maravallas, despois a sopa e o botelo con chourizos, patacas e grelos. Para beber, viño da D.O. Valdeorras; e de postre tarta e bica, ademais de licores.

O broche á velada poñíao un ano máis a música en directo que convidaba a bailar aos asistentes.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button