ConcellosÚltima horaVilamartín

Unhas 450 persoas, no magosto veciñal de Arcos (Vilamartín de Valdeorras)

 

A localidade vilamartinesa de Arcos era outro dos lugares nos que celebraban o magosto na tarde do sábado 7 de novembro.

Organizado pola Asociación de Amas de Casa coa colaboración das asociacións de veciños e coveiros e do Concello, a tradicional xuntanza tiña lugar no centro social do pobo. Alí asábanse 100 quilos de castañas e repartíanse 350 bolos preñados ademais de postres caseiros elaborados polas amas de casa.

A festa, á que asistían unhas 450 persoas, remataba con música a cargo dun dj.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button