ConcellosLaroucoÚltima hora

Unhas 500 persoas asisten á pancetada popular que abre a Festa dos Remedios en Larouco

 

Nesta fin de semana Larouco celebra as Festas na honra á Virxe dos Remedios cun completo programa que arrincaba na tarde deste venres 5 de setembro coa pancetada popular amenizada por ‘Con Cierto Son, Larouco Renace’ que reunía a unhas 500 persoas que degustaban 400 bocadillos de panceta.

 

 

Mañá, sábado día 6, dende as nove da mañá disputarase un Campionato de Petanca. Pola tarde, en torno ás 17 horas será a quenda do tute cun Campionato no bar Larouco e despois, a iso das 17:30 horas, haberá xogos para os máis pequenos seguidos doutra festa de escuma para todas as idades. A velada finalizará co baile a cargo do grupo Súpertop que actuará en sesión de tarde, a partir das 21 horas, e tamén verbena seguida da actuación do Dj Méndez.

 

 

O domingo día 7 de setembro, a música será a gran protagonista con baile en sesión de tarde e verbena a cargo dos grupos Ángel América e Stuu a partir das 21 horas. Con todo, o día grande será o luns 8 de setembo cando se honre á patroa coa procesión e misa solemne na honra á Santa María dos Remedios. A comitiva encabezada pola Virxe sairá ás 12 horas dende a igrexa parroquial para percorrer as principais rúas e prazas da localidade. O broche final poñerao Trío Area Musical que animará o baile en sesión de tarde dende as 20 horas.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button