ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Unhas 600 persoas enchen o pavillón de San Xoán de Río na IV Festa da Tenreira

 

Cun éxito total, na noite do venres 14 de agosto San Xoán de Río celebraba a IV Festa da Tenreira. Unha xuntanza gastronómica que enchía o pavillón municipal cunhas 600 persoas que degustaban un menú a base de empanada, saborosa costela de tenreira asada con patacas e cunha sobremesa de bica, xunto con bebidas, café e chupitos.

A cea poñía o broche á Festa do Emigrante que nesta ocasión rendía homenaxe a José Luis Vázquez Sotelo, natural de San Xoán de Río e cunha destacada traxectoria profesional no ámbito do Dereito.

Fotos cedidas.

 

Back to top button