Un ano máis era o xantar no pavillón municipal Terras de Trevinca o que poñía o broche ao Martes de Entroido na Veiga. No mediodía deste 17 de febreiro e tralo desfile de folións e comparsas Festa da Soá cumpría vinte anos.
Trátase dunha cita gastronómica que volvía reunir a unhas 700 persoas. A maioría eran os participantes no desfile, pero tamén había veciños da localidade e doutros puntos da comarca, como O Barco, A Rúa ou Viana do Bolo.

O xantar elaborado e servido unha vez máis por Mantesil, comezaba coa sopa e de seguido o prato estrela: soá con patacas, garavanzos, chourizo e verdura.
O Entrudio da Veiga pecharase o vindeiro sábado 21 de febreiro cunha nova edición da Xuntanza de Fulións, organizada pola Asociación Cultural Son de Trevinca.

Fotos: Mónica G. Bellver salvo as dúas últimas da galería e a do prato que son cedidas.
Vídeo cedido.