En portadaÚltima horaVídeos

Uns 140 nenos e nenas de toda a provincia reúnense no Barco na 6ª Concentración de Babybasket

 

Dúas semanas antes  que o ano pasado para que non coincida coa programación das Festas de Santa Rita e cambiando o horario da tarde para a mañá, celebrábase neste domingo 10 de maio a 6ª Concentración de Babybasket, no pavillón municipal de Calabagueiros. Dende as 10 ata as 13 horas aproximadamente reuníanse no pavillón barquense uns 140 xogadores da categoría babybasket de clubs de baloncesto de toda a provincia de Ourense.

 

 

Organizada polo MV Barco en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, na xornada lúdico-deportiva participaban once clubs distribuídos en catro grupos, algúns con dous equipos como o propio anfitrión que xogaba no grupo B xunto a Blanco Amor, Celanova a Miraflores; e no grupo D xunto a Depordima, Allariz e BBALL COB Rosales.

 

 

Segundo as normas do torneo os partidos xogábanse en formato de 4 x 4 nun período de 20 minutos a reloxo corrido e sen resultados xa que o obxectivo deste encontro non era outro que a diversión e a convivencia nun entorno deportivo, contando entre outros coa presenza da delegada en Ourense da Federación Galega de Baloncesto, María José Varela;  e do presidente do COB, Diego González que asistía acompañando a un dos equipos.

 

 

Como vén sendo costume neste tipo de eventos, non faltaba a foto de grupo para o recordo que facían no centro da pista. Despois, o club anfitrión entregaba un agasallo a cada neno antes de marchar.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button