ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Uns 35 nenos triveses desfrutaban dunha tarde de conto coa “Avoa do Ceo”

A actividade, promovida pola Biblioteca municipal, organizábase con motivo do “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil”

Catro personaxes en escena para darlle vida a unha historia, a da “Avoa do Ceo”, e fronte a eles un atento público duns 35 nenos triveses. Con contos celebrábase o “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil” (cuxa data é o 2 de abril) na Biblioteca Municipal de Trives na tarde do 31 de marzo.

As traballadoras do centro organizaban un contacontos que seguían con suma atención nenos e nenas con idades comprendidas entre cero e oito anos; moitos deles estaban acompañados de pais e avós, facendo así que máis de cincuenta persoas disfrutaran dunha amena tarde. E para completar esta xornada, os cativos realizaban unha manualidade relacionada co conto que se acababa de representar.

Artigos relacionados

Back to top button