Pechando o mes de xullo, na noite do venres día 31, os 70 participantes (algúns acompñados polos seus cans) na XVII andaina Os Mouchos organizada polo Club Peña Trevinca Barco en colaboración co Concello, concentrábanse na praza do Concello da localidade barquense equipados con chalecos reflectores e lanternas.
E tralas entrega de dorsais e pulseiras e das pertinentes indicacións do presidente do club, Miguel de la Cal, ás 23 horas comezaba o percorrido por unha boa parte do municipio barquense, pasando por lugares como O Tremiñá, O Castro ou A Raña. Segundo de la Cal, “nunhas dúas horiñas pódese facer ben”. A noite, algo máis fresca que as pasadas, prestábase para elo.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver