EconomíaEconomíaÚltima hora

UUAA solicita a “vacinación gratuíta contra a lingua azul en ovino”

 

 

Unións Agrarias vén de remitir un escrito a Consellería de Medio Rural no que solicita que” este departamento da Xunta de Galicia inicie a vacinación gratuíta das explotacións de ovino contra os novos serotipo 3 e serotipo 8, xa que sobre todo o 3, poden resultar máis agresivos para as ovellas, como sucedeu en Estremadura”.

UUAA tamén solicita a Consellaría do Medio Rural a “posta en marcha de liñas de axudas para as explotacións que están a sufrir esta enfermidade ao igual que fixeron outras comunidades autónomas como Andalucía e Estremadura o ano pasado cando sufriron os efectos da lingua azul nas súas ovellas”.

Dende Unións Agrarias lembran que “as explotacións afectadas representan un activo medioambiental imprescindible para o mantemento no espazo rural de franxas verdes que serven de cortalumes naturais nun entorno especialmente afectado pola desertización demográfica e o abandono da actividade agraria”. Neste contexto, “resulta imprescindible abrir de inmediato unha dobre liña de actuación para acoutar a expansión da enfermidade e tratar de salvar mediante liñas de axudas ás granxas afectadas, explotacións que tradicionalmente teñen un volume de ingresos moi pequeno e que polo tanto son moi sensibles a este tipo de crises”.

Back to top button