
A través dunha nota de prensa, Unións Agrarias vén de valorar as reunións mantidas hoxe con representantes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural para “trasladarlles a necesidade de recuperar a maior brevidade posible os danos polas pasadas riadas na infraestruturas na comarca de Viana do Bolo”.
O vicesecretario xeral de UUAA, Félix Porto, manifestaba “na mesma liña co avanzado a semana pasada co presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor”, que “temos o outono enriba e senón aplicamos medidas para corrixir a situación na que se atopa as zonas afectadas imos a ter novos problemas nos montes pola erosión, no control das avenidas e na afectación das estradas”.
Unións Agrarias, que acudiu as reunións acompañada de representantes das comunidades de montes e das asociacións de veciños das zonas con incidencias, insiste “na inquedanza que reina nas parroquias asulagadas pola lentitude tanto da valoracións de danos como na posta en marcha de obras de recuperación a realizar cos preto de 9 millóns de euros orzamentados polo Ministerio de Transformación Ecolóxica”.
Este sindicato agrario di asi mesmo que “transmiteu a súa preocupación pola subida da auga e os problemas que xa causou no rego Canela, nos lugares de A Bouza, Pixeiros e Pradocabalos, zonas afectadas polas inundacións do 17 de xuño. A alarma saltou entre os veciños pola rápida subida dos caudais pese a que as choivas da semana pasada foron mínimas” e que “hai unha necesidade de obras de restauración hidrolóxica urxente nos montes do Testeiro, algo no que houbo coincidencia cas dúas D.Xerais”.

Nesta nota, UUAA tamén asegura que se acordou “unha visita técnica sobre o terreo da D. Xeral de Producción e Ordenación Forestal a próxima semana, co fin de analizar in situ cos técnicos a situación e redactar unha memoria urxente de actuacións que permitan diminuir os caudais punta que chegan aos regos en caso de precipitacións abundantes. E desa forma reducir a erosión nas pendientes, e os riscos de inundacións e rotura de pistas Augas abiaxo do Testeiro”.
Finalmente UUAA sinala que “tanto na Confederación Hidrográfica como en Medio Rural acolleron cun espírito de colaboración total as peticións dos veciños e comprometéronse a poñer en marcha o antes posible as medidas correctoras precisar para retornar a normalidade o antes posible. Hai que lembrar a intensa choiva arrastrou a lama, as cinzas e os troncos acumulados nos montes que, desprovistos de capa vexetal tras los devastadores incendios do pasado verán, foron incapaces de reter a auga. Esta enchente no regueiro Canela arrasou todas as infraestruturas de servizos (estradas, enerxía, comunicacións) que deixou illadas a moitas aldeas e parroquias. As perdas nos bens nas vivendas e explotacións agrogandeiras son altísimos polo que desde a organización agraria non se entende a lentitude na posta en marcha das ferramentas necesarias para recuperar unha zona afectada que se estende en mais de 10 quilómetros”.