
Bos resultados para o C.T. Rúa na Copa Deputación de Tenis Ourense 2025, con dous campións en alevín feminino e en absoluto masculino.
Na categoría alevín feminino, dúas xogadoras do Club Tenis Rúa disputaban a final, na que Uxía Gudiña derrotaba á súa compañeira Claudia Gil, despois dun moi rifado partido, por 4-6/6-4/10-8, proclamándose campioa.

Na categoría absoluto masculino, o xogador do Club Tenis Rúa Diego Blanco proclamábase campión ao derrotar na final a Julián Besteiro por 6-2/6-2. En roldas anteriores Diego vencera a Carlos Carreira por 6-1/6-1 e a Francisco Rodríguez por 6-0/6-0. “Diego demostrou unha gran superioridade en todos os partidos que disputou neste torneo”, asegura o responsable do club, Julio López, destacando a actuación de Rafael Gudiña, en alevín masculino, e Cristian Gil en veteranos +35, que alcanzaron as semifinais.

“Moi boa actuación de Yago Rodríguez, na categoría benxamín masculino, quedando en terceira posición no primeiro torneo que disputa fóra da Rúa”, di orgulloso o adestrador.
Fotos cedidas.