ConcellosÚltima hora

V Caza do Lixo de cazadores no Tecor Terra de Caldelas

 

Un grupo de cazadores do Tecor Terra de Caldelas poñían en marcha o sábado 7 de xuño unha actividade co fin de tratar de manter limpo os seus terreos cinexéticos. Trátase da quinta edición da “Caza do lixo”, unha dura xornada na que recollían do monte todo tipo de obxectos e refugallos tirados pola xente na natureza.

 

 

Co recollido (dende restos de plásticos e neumáticos ata electrodomésticos e algún colchón) enchían 8 remolques de coches e 1 de trator que logo depositaban no Punto Limpo de Castro Caldelas.

Fotos cedidas.

 

Back to top button