Con música celebraba o Orfeón Vianés o Día das Letras Galegas. Facíao na tarde do 25 de maio cun animado concerto que se desenvolvía a partir das sete e media da tarde na Casa da Cultura de Viana do Bolo. Nel, ademais da agrupación coral anfitrioa, participaban a Coral Polifónica Beato Sebastián Aparicio da Gudiña e as pandereteiras da Asociación Cultural Abaneo de Viana.
O repertorio incluía pezas da música tradicional galega e outras relacionadas coas Letras Galegas. A actuación finalizaba coas tres formacións xuntas interpretando o himno galego.
Fotos e vídeos: Ares Pérez.