EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

V Feira do Porto da Barca no Barco, un festival de sabores, calidade e artesanía en estado puro

 

Dende diversas mostras de artesanía, dende pintura, cerámica, ilustración e ourivería ata pezas en madeira e coiro; xunto con deliciosos produtos da zona, dende licores e doces como a bica (con ou sen castañas), pasando por mel queixos ou embutidos, ata saborosas propostas culinarias que mesturan a gastronomía marroquí coa holandesa. A V Feira do Porto da Barca abría esta mañá as súas portas na vila do Barco cunha trintena de postos con interesantes e variados produtos de calidade, que se estendían ao longo da rúa Escura e na praza de San Mauro.

 

 

Esta iniciativa, promovida polo Concello do Barco, enmárcase na programación da VII Festa do Casco Vello. Ademais, durante a mañá o ambiente estaba animado pola música de Dj Carallán.

 

 

Ademais, haberá actividades gratuitas para público familiar, así como obradoiros, tamén de balde, un de elaboración de pomadas, e outro de elementos de madeira. No caso dos obradoiros, hai prazas limitadas, e é preciso inscrición previa.

Fotos: A.R.

 

 

 

 

Back to top button