ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

V Feira do Porto da Barca, o sábado 15 de xuño na zona vella da vila

Imaxe da pasada edición da Feira do Porto da Barca./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco vén de dar a coñecer o programa da V Feira Porto da Barca, que se celebra este próximo sábado, 14 de xuño, no casco vello, coincidindo coa Festa do Casco Vello nesta zona da vila.

Nesta quinta edición da Feira confirmaron asistencia preto de 30 produtores e artesáns tanto da comarca de Valdeorras (de O Barco, A Rúa e Rubiá), como doutras limítrofes.

Os visitantes poderán adquirir queixos, artesanía en madeira, cerámica, cosmética natural, licores, doces, regalos, bisutería, mel, bicas e moitas cousas máis.

Ademais, haberá actividades gratuitas para público familiar, así como obradoiros, tamén de balde, un de elaboración de pomadas, e outro de elementos de madeira. No caso dos obradoiros, hai prazas limitadas, e é preciso inscrición previa.

 

Back to top button