DeportesÚltima hora

Valdeorras conta con tres novos xuíces de atletismo de Nivel I

Dous dos novos xuíces de Nivel I valdeorreses./ Foto: O SIL.

 

Un total de 42 novos xuíces de Nivel I galegos resultaban aprobados na convocatoria estatal do pasado mes de novembro e entre eles figuran tres valdeorreses: Fernando Gil Álvarez, Camilo Quirós Brasa e Concepción Carracedo de Luis, tal e como se vén de facer público dende a Real Federación Española de Atletismo.

Ademais este número podería incrementarse na vindeira primavera, xa que en abril está previsto outro exame e cando menos hai outros dous valdeorreses que teñen previsto presentarse a el.

Estes 42 novos xuíces converten ademais a Galicia na comunidade española que acada un maior número de aprobados. “Con esta fantástica nova, o atletismo galego reforza unha das súas principais limitacións que farán posible seguir mantendo e mesmo medrar en canto a número de competicións para o 2026”, tal e como destaca a Federación Galega de Atletismo, quen agradece a resposta ao chamamento que efectuaba esta entidade para tomar parte no exame e deséxalle a os xuíces “moita sorte nas vosas actuacións”.

Back to top button