ConcellosÚltima hora

Valdeorras levará á rúa o seu sentimento tras os lumes o 11 de setembro nunha manifestación no Barco

Sairá ás 20:30h. do Concello do Barco

 

A sociedade valdeorresa sairá o vindeiro 11 de setembro á rúa para expresar o seu sentir tras o devastador incendio que afectaba a case 32.000 hectáreas, deixando ao seu paso a devastación do monte, pero tamén de aldeas, diversas explotacións agrogandeiras e superficies de gran valor medioambiental como o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá) ou o Macizo de Trevinca.

Esta manifestación está convocada polo colectivo “Terra en pé” co obxectivo de “expresar, de forma pacífica e unida, a nosa preocupación e compromiso co coidado do noso medio ambiente. Non buscamos culpas nin enfrontamentos políticos; buscamos solucións, unidade e compromiso colectivo”.

Por este motivo, este colectivo convida “a toda a cidadanía a unirse a esta manifestación porque xuntos somos máis fortes e, só uníndonos, conseguiremos que Valdeorras reciba a atención e o coidado que merece”.

A saída da manifestación está prevista para as 20:30h. dende o Concello do Barco.

Back to top button