DeportesÚltima hora

Valdeorras podería recuperar a liga comarcal de fútbol sala

Os interesados poden poñerse en contacto coa delegación de Ourense da RFGF

Leva uns anos desaparecida pero de cara á tempada 2019/2020, a liga comarcal de fútbol sala podería volver a ser unha realidade en Valdeorras.

Polo menos iso pensan dende a Real Federación Galega de Fútbol despois do curso de monitor impartido en febreiro no Barco. Segundo o adianto feito pola delegación de Ourense, a onde deberán dirixirse os interesados, a idea é xogar en pavillóns municipais con seguro deportivo para xogadores e adestradores.

Ademais, dende o Pizarras Los Tres Cuñados FS, equipo de referencia da comarca, aseguran que tamén lles gustaría conseguir unha liga de categorías inferiores.

Artigos relacionados

Back to top button