En portadaÚltima hora

Valdeorras suma 7 premios na Cata de Galicia, onde o Cuñas Davia recolle o Acio ao Mellor branco galego e Vía Romana ao mellor tinto

Esta tarde tiña lugar acto de entrega deste concurso no que recollían galardóns os brancos Joaquín Rebolledo, A Coroa e Verdes Castros e os tintos Menciño Summun, Quinta da Peza e Costeira, así como o Outarelo 2022 en viños de colleitas anteriores

 

Esta tarde desvelábanse os viños ganadores do certame de Catas de Galicia, organizado pola Xunta e que recoñece os mellores viños, augardentes e licores da comunidade autónoma. Nel facíase co Acio de Ouro ao Mellor Viño Branco de Galicia o Cuñas Davia (Adegas Valdavia, SL) da DO Ribeiro e co Acio de Ouro ao Mellor Tinto galego Vía Romana (Adegas e Viñedos Vía Romana, SL) da DO Ribeira Sacra.

 

 

No acto participaban, entre outras autoridades, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez.

Nesta edición recibíronse 462 mostras, correspondentes a 152 empresas, a maioría de viño.  Máis de medio cento de expertos participaron nas precatas e nas catas finais, que contaron cun panel final de 12 profesionais de recoñecido prestixio vinculados á enoloxía.

Na súa intervención, Alfonso Rueda recoñeceu o esforzo e talento de todas as empresas participantes e, nomeadamente, das que foron recoñecidas hoxe cos galardóns. Así, sinalou que todos estes produtos non só representan un valor económico, senón que tamén son parte da imaxe exterior de Galicia, un atractivo turístico e contribúen a fixar poboación no rural e cohesionar o territorio.

Por iso, o presidente da Xunta comprometeu o apoio da Xunta a un sector que ten moito futuro. Neste sentido, citou os máis de 12 M€ en axudas que se invisten este ano para a elaboración e promoción de produtos vitivinícolas, ou para a modernización dos viñedos; as axudas ás denominacións de orixe; ou as iniciativas de impulso turístico, como a  Estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas, ou o Plan Enogastronómico de Galicia.

No caso de Valdeorras resultaban galardoados os seguintes viños dentro desta D.O.:

ACIO DE OURO BRANCO

Joaquín Rebolledo (Joaquín Rebolledo, SA)

ACIO DE PRATA BRANCO

A Coroa (Adega A Coroa, SAT)

ACIO DE BRONCE BRANCO

Verdes Castros (Vinigalicia, SL)

ACIO DE OURO TINTO

Menciño Summum (Bodega Coop. Jesús Nazareno)

ACIO DE PRATA TINTO

Quinta da Peza (Quinta da Peza, SL)

ACIO DE BRONCE TINTO

Costeira (Viña Costeira, SCG)

Viños de Colleitas anteriores:

ACIO DE OURO DE PRATA TINTO

Outarelo 2022 (Bodegas Blare, SL).

Total de premiados nesta edición das Catas de Galicia

 

Back to top button