DeportesÚltima hora

Valdeorreses convocados para as “Xornadas de seguimento técnico” de lanzamentos da Federación Española de Atletismo

Está convocado o martelista Javier Cid e nelas tamén participará, como técnico, Javier Revuelta

 

Presenza valdeorresa nas Xornadas de seguimento técnico: Lanzamentos I (Sub-16 e Sub-18) da Real Federación Española de Atletismo (RFEA), que se celebrarán en León. A federación vén de facer público o nome dos atletas convocados e nesa listaxe aparece o lanzador de martelo barquense Javier Cid (Ourense Atletismo).

Ademais, xa no apartado de técnicos pode verse o nome doutro lanzador barquense, Javier Revuelta Parra.

Fotos cedidas.

Back to top button