“Galiza con Palestina, dous anos de xenocidio, 77 anos de ocupación” era o lema baixo o que se convocaba e que abría, nunha pancarta, a manifestación de apoio ao pobo palestino que este mediodía de 5 de outubro percorría as rúas de Santiago de Compostela ata chegar á Praza do Obradoiro. Estaba convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina.
Entre a multitude de persoas asistentes había veciños tanto de Valdeorras como doutras comarcas da provincia de Ourense como é o caso de Viana do Bolo.
Fotos cedidas.