Entre Chantada e O Saviñao desenvolvíase o Trail Heroica Sacra, que se celebraba o 30 de xuño e incluía varias modalidades. Entre o medio milleiro de participantes non faltaba unha representación valdeorresa da que formaba parte o atleta veterano Paco Bao. Era a súa proba 717 e xa pensa na seguinte, que será en Quiroga.
Fotos cedidas.