Seguen as mostras de solidariedade tralo incencio en Valdeorras. Na mañá deste sábado 30 de agosto dúas veciñas de Trives, María e Enar, levaban ata a Cantina da Estación de Renfe, na Rúa unha furgoneta cargada con comida para animais salvaxes.

Este é un dos puntos habilitados de entrega e recollida de alimento nesta fin de semana. Hai outro en Vilamartín de Valdeorras(na antiga Curz Vermella, na N-120) e tamén no Barco (rua Lugo Nº 3).
O alimento será entregado a voluntarios e asociacións que están a crear comedeiros en puntos estratéxicos do monte ante a dificultade dos animais de atopar comida no terreo arrasado polo lume.
Fotos: Carlos G. Hervella.