
Dous veciños de Candeda (Carballeda de Valdeorras) están a realizar, por segunda primavera consecutiva, trampeos nesta localidade para capturar as raíñas de vespa velutina, unha especia invasora que nos últimos anos está a ter unha considerable expansión na comarca. “No que vai desta primavera levamos recollido das trampas unhas 1.330 exemplares, que cremos que son todos raíñas. O ano pasado tamén contabilizamos máis de mil”, comentan.

Por iso amosan a súa procupación ante a expansión deste insector e piden que as autoridades tomen medidas para evitar que continúe expandíndose, tendo en conta as súas negativas consecuencias na apicultura e no medio ambiente. E animaban a outros veciños a trampear, xa que as trampas son moi eficaces especialmente na primavera para capturar as raíñas.
Comentan que facer e instalar as trampas co atraente é algo sinxelo, e faise con auga, zucre e levadura de panadería, comenta. No inicio da primavera empregan botellas máis pequenas para as trampas, pónselle o líquido máis un menos nun terzo da botella e o resto é para que caian as velutinas. As medidas son 1 litro de auga 400 de azúcar e 10 gramos. de levadura de panadería.
Fotos cedidas.

