DeportesFútbol salaÚltima hora

Vera Rodríguez volve a Valdeorras co título de subcampioa de España de Fútbol Sala Femenino Sub16

O combinado galego no que xogaba a valdeorresa lograba a prata tras perder na final contra Cataluña

 

A piques estivo de subir ao alto do podio pero finalmente a xove xogadora Vera Rodríguez González lograba unha meritoria medalla de prata no Campionato de España de Fútbol sala Feminino Sub16 disputado en Salou, culminando un torneo brillante que quedará gravado na súa traxectoria deportiva.

O combinado galego no que milita Vera asinoaba un campionato sobresaínte, demostrando carácter, traballo en equipo e un altísimo nivel competitivo. A gran final, disputada no mediodía deste domingo 22 de febreiro fronte á potente selección de Cataluña, foi un encontro intenso e esixente, loitando cada balón ata o último segundo.

A pesar da derrota no partido decisivo, a medalla de prata sabe a éxito. O subcampeonato nacional non só reflicte o talento do grupo, senón tamén o esforzo, a constancia e a paixón que demostraron durante todo o campionato. A nivel persoal “confirma o prometedor futuro de Vera no fútbol sala feminino e supón un motivo de orgullo para a súa familia, o seu equipo e todos quen seguiu a súa evolución deportiva”. Sen dúbida, este logro é só un paso máis nunha carreira que apunta alto.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button