SanidadeÚltima hora

Verde no Concello Vello do Barco polo Día Mundial contra a ELA

 

Neste sábado 21 de xuño celebrábase o Día Mundial da loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), unha data impulsada por asociacións de pacientes de todo o mundo para concienciar sobre esta enfermidade, unir forzas e esixir máis investigación, que é un dos piares fundamentais para conseguir aumentar a esperanza de vida dos pacientes con ELA.

O Concello do Barco de Valdeorras adheríase un ano máis a esta campaña, iluminando o Concello Vello de cor verde, na tarde-noite deste 21 de Xuño.

Fotos: A.R.

Back to top button