Cunha ofrenda floral no monumento a Castelao, no Paseo do Malecón do Barco, comezaba o acto cultural que o BNG organizaba no Barco para conmemorar na tarde deste 16 de maio o Día das Letras Galegas, data adicada nesta ocasión á poeta, violinista e profesora Luísa Villalta. O acto, presentado por Manuel Agra, concelleiro do BNG no Barco, incluía a lectura de varios poemas de Villalta, un deles sobre Palestina “Debilidade”, que se escoitaba na voz de Iris Gey, cantante e docente, e outro lido pola tamén docente Elba Delgado.
Finalmente, Manuel Agra daba lectura ao manifesto de Queremos Galego que tamén poderá escoitarse na manifestación convocada para mañá en favor da lingua nas rúas de Compostela. O acto pechábase co canto do hinmo galego.
Fotos: A.R.