SanidadeÚltima hora

VI Andaina Solidaria a favor da Fundación Andrea en Taboadela, o 10 de maio

Estrea un novo circuíto circular de 8 quilómetros desde o local social de Santa Leocadia

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras organiza o sábado 10 de maio a sexta edición da Andaina Solidaria a favor da labor social da Fundación Andrea (de Apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, Crónicas e Terminais), organización sen fins de lucro, que colabora activamente nos proxectos de humanización das áreas de pediatría.

Por sexto ano consecutivo, o concello de Taboadela acolle e colabora novamente coa iniciativa, que nesta ocasión estrea unha nova ruta circular, de 8 quilómetros con saída, ás 10 da mañá, e chegada ao local social de Santa Leocadia, onde terá lugar un xantar ao remate do percorrido.

O prezo da inscrición é de 10 euros, que se destinan integramente á Fundación, grazas á colaboración do servizo de Atención ao Paciente e Humanización, a Escola de Pediatría e a sección de cociña do Hospital Universitario de Ourense, ademais de empresas e asociacións locais, como Vía Auria, Sousas, Panrey, Nosa Carne, Gadis e Apetéceme que fan posible cubrir a loxística, avituallamento e o xantar.

 

 

Para participar só é preciso realizar unha transferencia de 10 euros á conta da Fundación Andrea (ES64 2100 4876 032200044308) poñendo nome, apelidos e DNI, incluindo como concepto “ASOU” (Área Sanitaria Ourense). Ademais, aquelas persoas que desexen colaborar, pero non podan acodir á andaina, poden facer chegar a súa contribución, coa cantidade que se desexe, indicando “Dorsal 0”.

Artigos relacionados

Back to top button