O Concello de Viana do Bolo vén de dar a coñecer a súa programación de cara ao Día Internacional da Muller. Trátase dunha serie de propostas “para cativas/os e maiores na que imos “botarlle cara” para defender e reivindicar a igualdade real entre mulleres e homes”, tal e como se indica dende esta administración local.
Ademais, engádese que se vai “poñer en valor e reflexionar sobre “o fío que nos une” a todas as mulleres en diferentes lugares, culturas e épocas da historia”.
