ConcellosEntroido 2025Última horaViana do BoloVídeos

Viana do Bolo di adeus ao Entroido enterrando a Sardiña

Tras a procesión tiña lugar unha sardiñada acompañada de deliciosas torrexas

 

Con saborosas sardiñas e deliciosas torrexas chegaba a súa fin o intenso e tradicional Entroido de Viana do Bolo. Esta noitiña a veciñanza despedía de xeito definitivo a festa co Enterro da Sardiña, que se iniciaba unha procesión co este xigantesco peixe que percorría a vila, dende as proximidades da rotonda do Boteiro ata o Cabo da Vila.

 

 

Entre tanto os veciños desta zona vianesa esmerábanse en asar as sardiñas e as mulleres organizábanse para servir as torrexas que cociñaban con mimo ao longo de toda a xornada.

 

 

Unha vez que o cortexo da Sardiña completaba o traxecto e chegaba ao Cabo da Vila, dábase paso á degustación, na que tamén había pan e se servía viño. Deste xeito, con sabor doce e salgado os vianeses dicíanlle adeus ao tempo da troula.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button