EconomíaEconomíaÚltima hora

Viana do Bolo estrea “Ruta de Tapeo” por 5 establecementos da vila o 3 de xaneiro

 

O vindeiro sábado 3 de xaneiro terá lugar unha Ruta de Tapeo por 5 dos locais hostaleiros da vila de Viana do Bolo, que ofrecerán deliciosos petiscos ao público.

As persoas interesadas en pariticipar poderán mercar a súa entrada (ata o 1 de xaneiro) nalgún dos bares que compoñen a ruta. Esta entrada inclúe 5 consumicións cos seus 5 petiscos e deberá ser canxeada por un “cartón de consumicións” o mesmo sábado 3 de xaneiro ás 19:30 horas nos Soportais. Tamén haberá música a cargo do grupo Os Chavalines.

Back to top button