ConcellosEn portadaEntroido 2026Última horaViana do Bolo

Viana do Bolo presenta a programación do seu “Entrudio” que se estrea como Festa de Interese Turístico Nacional

 

O Concello de Viana do Bolo vén de presentar na mañá deste xoves o programa do seu “Entrudio”, que se celebrará do 31 de xaneiro ao 18 de febreiro. O acto contaba coa presenza do seu alcalde, German García-Ávila, e do concelleiro Isaac Pérez.

 

 

O programa, cuxo pistoletazo tradicional será o Xoves de Compadres coa colga da Lardeira, inclúe proposas como unha exposición, así fomo fariñas, fulións e tamén a saída da Comparsa de Viana do Bolo polas aldeas.

 

 

A cita principal, tal e como resaltaba o alcalde, será o Domingo Gordo, co desfile de fulións, Boteiros e carrozas e do 54º Xantar da Festa da Androlla. O Entrudio concluirá co enterro da sardiña o Mércores de Cinsa.

 

 

O Entrudio vianés estrea este ano o seu recoñecemento como Festa de Interese Turístico Nacional, xunto aos de Manzaneda e Vilariño.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button