
O Concello de Viana do Bolo vén de dar a coñecer o programa de actividades e actos para celebrar este Nadal 2025- 2026. “Trátase dunha programación “moi ampla e variada para persoas de todas as idades e gustos: música, maxia, deporte, cine, roteiros, contacontos, inchables, obradoiros infantís, festa, baile … e moitas sorpresas máis espérannos nas próximas semanas”, din dende o Concello.
Tamén será un Nadal “moi participativo” que conta coa colaboración das Escolas Deportivas Municipais, Escolas Musicais Municipais, Asociación de Veciños Cabo da Vila, Asociación Mulleres Rurais Bibei, ANPA CEIP Bibei, ANPA IES Carlos Casares, Asociación Cultural Candea, Asociación d Teatro Sofá malva de la sala rosa, Asociación Tornaxeira, Parroquia Santa María de Viana do Bolo, Vianariño ADI FS e C.D Viana. “Grazas a todas estas entidades e asociacións pola súa implicación para facer posible unha programación de Nadal coa que queremos armonizar tradición e orixinalidade para o goce de veciños/as e visitantes”.
Así mesmo o Concello fará públicos nos próximos días máis datos concretos sobre as actividades sobre horarios e ubicacións das actividades.