ConcellosEn portadaÚltima horaViana do BoloVídeos

Viana do Bolo recibe ao Carnevale di Sappada (Italia), no limiar da ViBoMask

 

Neste venres 26 de abril comezaban os actos do programa do IX Festival Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask, que se celebrará do 26 ao 28 de abril en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Así, ademais de actividades no instituto durante a mañá, xa pola tarde tiña lugar a recepción no salón de actos do Concello de representantes do Carnevale alpino de Sappada (Italia), a única tradición de fóra da Península Ibérica que participa nesta edición.

 

 

Neste acto, os membros do grupo italiano presentaban a súa tradición, explicando tamén que se trata dun Carnaval de montaña (a localidade está situada a uns 1.200 m de altura), as singulares desta zona, a súa lingua e, por suposto, as súas tradicións. Ademais de presentar as tres figuras centrais desta celebración, entre elas o Rollate, tamén comentaban que tres son as datas principais da festa, tres domingos: Domenica dei Poveri, Domenica dei Contadini e Domenica dei Signori.

 

 

Esta será unha das medio cento de tradicións que cobrarán vida mañá 27 de abril en Viana do Bolo, no primeiro desfile da mascarada, que se iniciará ás 17h. dende o Toural.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button