
A Praza Maior de Viana do Bolo acollía na noite do 13 de agosto nova edición da Festa dos 80’ e 90’, tendo á música, o baile e ao bo ambiente como os grandes protagonistas. Esta proposta, incluída no programa das festas patronais da vila, incluía a Nectarine Soul abriu a noite poñendo sobre o escenario todo o seu talento, espois actuaba 7 Rojo e, como broche, o DJ Vicente One More Time.

“Tres actuacións, tres estilos musicais e unha mesma finalidade: facer desfrutar a todo o mundo. Diferentes propostas para todos os gustos e todas as idades que conseguiron converter a Praza Maior nunha auténtica festa total”, destaca o Concello de Viana do Bolo.
Fotos: Concello de Viana do Bolo.
