BaloncestoDeportesÚltima hora

Vídeo promocional do circuíto de baloncesto “3×3 DepOUrense Basket” que rematará no Barco o 5 de setembro

Baloncesto en Calabagueiros./ Foto: MVB.

 

Desde a Delegación de Ourense da Federación Galega de Baloncesto informan da apertura do prazo de inscrición para o Circuíto “3×3 DepOUrense Basket”, unha nova iniciativa promovida pola Deputación de Ourense en colaboración coa FEGABA, integrada no Programa de Fomento Deportivo 2026 como “unha nova oportunidade de competición e promoción do baloncesto na provincia”.

As categorías que poden participar son pre minibasket e minibasket, infantil e cadete, júnior e sénior, con posibilidade de equipos masculinos, femininos e mixtos. A competición será de carácter mixto e está aberta a xogadores federado e non federados. Os equipos finalistas de cada categoría en cada sede clasificaranse para a gran final, que se disputará o 19 de setembro no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.

O circuíto percorrerá seis concellos da provincia entre agosto e setembro, comezará o 16 de agosto en Muíños e rematará o 5 de setembro no Barco de Valdeorras. Para dar a coñecer a actividade, deportistas do MV Barco realizaron un vídeo promovional.

 

 

Toda a información e plataformas de inscrición están activas nesta ligazón.

 

 

Back to top button