CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

VII FestiLago, do 1 ao 3 de agosto no Lago de Carucedo

A organización do FestiLago vén de facer pública a súa programación que, na sétima edición deste evento, inclúe cine, moita música e danza tradicional

Os actos comezarán o 1 de agosto ás 22:30h. coa proxección de “Cotton Club” na Aira do Cine, o día 2 ás 19:30h. poderá asistirse ao concerto didáctico de Denise Silva e Beatriz no Souto de Lago e, ás 22:30h., actuará Dj Lilianlur con “Músicas do Mundo” no polideportivo.

Os actos continuarán o 3 de agosto ás 12:30h. co curso de baile tradicional no adro da igrexa e ás 19:30h. haberá un concerto de guitarra de Juanjo Collazo na igrexa. Finalmente ás 22:30h. proxectarase o filme “Grease” na Aira do Cine.

Back to top button