O IES 12 de Outubro, do barrio da Ponte en Ourense, organiza as VII Xornadas da Empresa e o Emprendemento, con charlas, visitas a empresas e mesas redondas de ex alumnas/os que emprenderon na súa rama profesional.
As VII Xornadas da Empresa e o Emprendemento empezarán o día 20 de outubro e rematará o 12 de novembro. Ao longo de catro semanas e cunha actividade por semana, o alumnado dos Ciclos Formativos e de Bacharelato de Ciencias Sociais particirán nas charlas formativas.

A primeira charla, que terá lugar o 20 de outubro, impartida por Iván Conde Gómez, profesor no IES San Clemente e doctor en Intelixencia Artificial, versará sobre como utilizar a IA para atopar emprego e crear oportunidades de negocio. O día 30 de outubro, o alumnado visitará a empresa de economía social “Galletas mariñeiras Daveiga”, ubicada no Polígono industrial de Chantada. O 4 de novembro abordarase a “Comunicación efectiva. Como presentar proxectos en público”, que impartirá Fernando Rodríguez de la Torre, da empresa de comunicación e marketing “Con C de comunicación”.
Por último, o día 12 de novembro terá lugar unha mesa redonda de exalumnas e alumnos do IES 12 de Outubro, que emprenderon nas diferentes ramas formativas que se imparten no centro. A mesa estará formada por Leticia Celáa Prada, xerente de Leticia Celáa Beauty Lounge, por Said Abdoun Bechiki, propietario dunha peluquería na nosa cidade, por Adrián Conde Siota, administrador de Ourengal SL. empresa do sector da electricidade, domótica e enerxías renovables, e por Carlos Gil Lorenzo, da empresa Desarrollos Mecánicos Auria.
Todas as charlas terán lugar no salón de actos do propio centro, desde as 11:30 horas.