ConcellosÚltima horaVilamartín

Vilamartín acolle neste 24 de decembro o ‘Mercadillo de Nadal’ da ANPA do CEIP Xosé Mannuel Folla Respino

 

Un ano máis, mantendo unha data xa tradicional, a ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras organiza o ‘Mercadillo de Nadal’ que se celebra neste mércores 24 de decembro, Noiteboa, na praza.

Coma sempre, hai postos de artesanía, produtos típicos, oportunidades, segunda man,… ademais de polbo á feira e o Tren de Papá Noel para os máis pequenos, contando coa colaboración do Concello.

 

 

Entre os asistentes están Spoombini con artesanía en madeira; Villa Chicana con comida, pizzas, churros; David López con segunda man e oportunidades; Mariposa Azul/ As miñas cousiñas, de artesanía con resina e complementos; Patrulla Felina con artesanía solidara, pintacaras; Ana e o seu ‘Desván de calcetines’; Cousiñas de balde, artesanía con veas; Licores Barbudos; Posto de comida con produtos típicos, tartas, doces, pan,…; Cumbres de Trevinca, queixos de alta montaña; Dulzalia, doces para os máis pequenos con temática navideña; Alexplant con plantas de tempada; Lúa, con produtos da horta e segunda man; e ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino con artigos de segunda man e oportunidades.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

 

Back to top button