ConcellosÚltima horaVilamartín

Vilamartín conmemora o 25N cunha concentración e a exposición ‘O xardín do respecto’ contra a violencia de xénero

 

Na mañá deste martes 25 de novembro, un ano máis con motivo da conmemoración do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, tiña lugar unha concentración ás 12 horas diante  do Concello de Vilamartín de Valdeorras no decurso da cal se lía o manifesto.

Antes entregábase o material da campaña de prevención, no que non falta o xa tradicional paraugas malva, abríndose a exposición ”O xardín do respecto’ contra a violencia de xénero.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button