ConcellosEntroido 2026Última horaVídeosVilamartín

Vilamartín de Valdeorras abre o Entroido co desfile de folións organizado polos Viticultores

 

Dende a praza ata A Rodeleira. Na maná deste sábado 7 de febreiro Vilamartín de Valdeorras abría oficialmente o Entroido coa xuntanza de folións organizado polos Viticultores, que percorría a vila ao ritmo de bombos, aixadas e cornas, baixo a ameaza da chuvia que comezaba a caer mediado o desfile.

 

 

Tal como estaba previsto era o permiso e o pregón o que marcaba o inicio do desfile. Diante dos folións reunidos na praza eran como sempre os máis pequenos do folión Os Viticultores, os encargados de dar a benvida. O permiso pedíao Concha do Folión de Carracedo da Serra e o pregón correu nesta ocasión por parte de Ana María, Kiki e Pepe do folión anfitrión.

 

 

Era el, o Folión Os Viticultores, o que abrían o desfile. De seguido saía o de Carracedo da Serra e despois, O Tameirón, O Folión de Petín, O Fiadeiro de Trives, Sobrado (Trives), O Irrio (Castro Caldelas), As Tablillas (Valdín-Porto), Chandrexa de Queixa e O Can de San Roque (Vilardevós).

 

Tralo longo percorrido ata a área recreativa, os folións volven reunirse no pavillón de O Bañadoiro para asistir á VIII Festa das Sopas de Allo.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button