DeportesÚltima hora

Vilamartín renderá homenaxe ao lanzador de xavelina Luis Nogueira, o 24 de agosto

Acollerá o "Memorial Luis Nogueira", que inclúe unha andaina con saída do pavillón ás 9:30h.

O atleta Luis Nogueira./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nova iniciativa para lembrar a figura de Luis Nogueira, lanzador de xavelina natural de San Vicente de Leira (Vilamartín). Desta volta será no municipio de Vilamartín e está prevista para o vindeiro 24 de agosto. Trátase do “Memorial Luis Nogueira”, cuxo programa comezará ás 9:20h. no pavillón polideportivo de Vilamartín coa presentación este evento. A continuación, ás 9:30h. darase a saída dunha andaina duns 9 km e, xa ao remate da mesma, arredor das 13h. renderase homenaxe a este atleta, que foi en varias ocasións campión do mundo máster.

A iniciativa será orgainizada polo Concello de Vilamartín de Valdeorras e polo Club Adas Cupa,

 

Back to top button