ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Vilanova (O Barco) estrea as súas festas patronais coa cea popular, que reunía a unhas 230 persoas

 

Coa xa tradicional cea popular Vilanova (O Barco) abría na noite do 14 de agosto o programa das súas festas patronais na honra de Nosa Señora da Asunción e San Roque os vindeiros días 14, 15 e 16 de agosto. Unhas 230 persoas reuníanse arredor da mesa cun menú a base de empanadas de carne e bonito, ademais de churrasco e, como sobremsa, bica despois o ambiente estaba animado por unha discomóbil.

 

 

 

Despois, nas xornadas do sábado 15 e do domingo 16 de agosto a música tomará o protagonismo. Ambas noites contarán con actuacións en directo pensadas para todos os públicos, convertendo as rúas e prazas da localidade nun gran escenario onde o baile e a festa se prolongarán ata altas horas da madrugada.

Fotos cedidas pola Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova.

 

Back to top button