Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Vilanova (Trives) prepárase para unha nova edición da Andaina do Chourizo, o 31 de xaneiro

 

Un ano máis e xa van 11, o Club de Montaña Trives organiza a súa Andaina do Chourizo para o sábado 31 de xaneiro.

Partirá ás 10 horas dende a praza do Pilón, na Pobra de Trives, para completar un percorrido de 8,6 quilómetros (unhas dúas horas aproximadamente) que pasará por Santa María de Trives, Sas, Pena Folenche e San Mamede para rematar en Vilanova, entre soutos de castiñeiros, onde haberá unha gran chourizada para repoñer forzas.

 

 

A inscrición (5 euros para os socios e 10 para os non socios) pode facerse a través do correo electrónico club.montana.trives@gmail.com.

As fotos, cedidas, son da anterior edición da andaina.

 

Back to top button