ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeosVilariño de Conso

Vilariño de Conso despide o Festival ViBoMask cun animado desfile de máscaras

 

Ao mediodía deste 28 de abril os toques do Fulión de Viana do Bolo chegaban á praza de Vilariño de Conso, precedidos polas carreiras e os saltos dos seus Boteiros. Con eles abríase segundo desfile do IX Festival Internacional Mascarada Ibérica, que se desenvolvía nesta fin de semana en Viana e Vilariño.

 

 

Era a primeira das tradicións que desfilaban, seguida doutro medio cento de mascaradas (tanto Carnavais como outras festas de inverno) de diferentes puntos de Galicia, pero tamén doutras partes da península como Asturias, Cantabria, País Vasco, Estremadura, Castela e León, Castela A Mancha e mesmo do norte de Portugal, así como unha de Sappada (Italia).

 

 

O programa da ViBoMask iniciábase arredor das once hora coa apertura dos postos do mercado de artesanía e produtos típicos ViBoMarket.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button