Entre os expositores que poden visitarse na 27ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se desenvolverá ata este domingo en Expourense, está o do Concello de Vilariño de Conso. Nel amósanse os diferente recursos naturais e tamén culturais, como é a tradición do Fulión e dos Boteiros do seu Entroido, así como produtos gastronómicos emblema do municipio como o doce denominado Montonico ou diversas elaboracións realizadas con castaña.
Fotos: O SIL.

