ConcellosEn portadaEntroido 2026ManzanedaÚltima horaViana do BoloVídeos

Vilarmeao (Viana do Bolo) visita Raigada (Manzaneda) co seu fulión

 

Xunto ao Castiñeiro arrancaba o ritual. A veciñanza de Raigada (Manzaneda) recibía a visita do Fulión de Vilarmeao (Viana do Bolo) que comezaba coa tradicional petición de permiso en verso na tarde do Sábado de Entroido. Comezaban solicitando permiso os visitantes, que nese marco expoñían, de tono de humor, unha historia vinculada a parella de Lardeiros, cos que estaban acomapañados. E logo, formulaban a petición de permiso: “A historia desta parella/ está por rematar/ esperamos que sigan xuntos/ na próxima visita a Vilar./ E con todo isto,/ xa non temos máis que contar/ dámosvos as grazas,/ por nos axudar/ Pídovos o permiso/ en nome de Vilar/ para que podamos xuntos/ estas calles rondar”. Remataba unha das Mázcaras visitantes.

 

 

O plácet de Raigada non se facía esperar. “Boas tardes a todos, neste día dos enamorados, de tervos hoxe aquí estamos entusiasmados./ Nós nos imos demorar,/ a fuliada é larga/ así que collede forzas/ porque isto sempre se alarga”. E, nesa resposta, tamén se respondía ao comentario dos Lardeiros que viñan de volta a Raigada.

 

 

 

Soaban entón as esquilas e as cornas, e tras unha resposta breve de Vilar, soaba o fulión e comezaba unha longa ronda por Raigada, só interrompida por paradas en diversas casas onde se ofrecía comida, doces e bebidas aos participantes e as Mázcaras para repoñer forzas.

Fotos: Carlos G. Hervella

Vídeos: O SIL.

 

 

Back to top button