
A localidade de Viloira (O Barco) celebrará o seu tradicional Magosto na tarde do vindeiro 11 de novembro. Nesta celebración, que organiza a Concellería de Cultura do Concello do Barco, poderán degustarse 500 quilos de castañas, bebidas para grandes e pequenos, acompañadas de música a cargo da charanga “Os Bierzones”. O programa festivo comezará ás 19,00 horas e desenvolverase na praza Otero Pedrayo de Viloira.
Como vén sendo habitual, o magosto, é de balde para todos os asistentes. No caso de que o mal tempo obrigara a suspender a actividade, trasladaríase a outra data que se comunicará no seu momento, segundo explica o Concello do Barco.
